El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Estrata Xema
 
Reloxería Eulogio

Con máis de medio século de experiencia na venda de reloxos e xoiaría, en “Reloxería Eulogio” representamos un referente en Silleda e na Comarca de Deza de casa de confianza á hora de mercar calquera dos produtos que ofrecemos.

Contamos coas marcas máis prestixiosas do mercado, e a través deste medio queremos dar a coñecer todas aquelas novidades e promocións que existen no mercado.

Ofrecemos servizo especializado de asesoramento e de reparación tanto en xoiaría como reloxería. No apartado de reloxería reparamos reloxos analóxicos, dixitais, de bolsillo e de parede, así como en gran formato como os de igrexas ou concellos, podéndonos desprazar ata o lugar onde o cliente nos indique.

Tamén contamos cunha ampla variedade de produtos de xoiaría e agasallos como pendentes, pulseiras, colgantes, etc. en distintos materiais.

Un apartado especial está reservado para acontecementos máis reseñables, como é unha voda, bautizo, comunión, aniversarios, etc. para os cales dispoñemos dunha ampla variedade de mostrarios.

Realizamos trofeos e agasallos, así como gravado de placas para celebracións, homenaxes, campionatos deportivos, detalles institucionais, etc. Utilizamos diversos materiais como madeira, cristal, plata, bronce, etc. sempre personalizados segundo as peticións do cliente, incluso con fotografías e debuxos.

Co afán de ofrecer sempre un mellor servizo e adaptándonos ás necesidades e solicitudes do cliente, abrimos este novo espazo virtual esperando que cumpra as necesidades esperadas.

Para calquera necesidade que puidera xurdir respecto ao que “Reloxería Eulogio” ofrece, nun dubide en poñerse en contacto con nós.


 

Reloxería Eulogio - Todos os dereitos reservados 2010
Rúa Progreso, Nº 2, 36540 - Silleda Pontevedra

Telf.: 986 58 00 62

Aviso Legal || Privacidade



¡CSS Válido! IGAPE